Erro 404 - páxina non atopada
Sentímolo pero a páxina que procuras non existe.
Podes volver á páxina de inicio

AS NOSAS ULTIMAS PUBLICACIÓNS

Pan Lesta é concelleira de Economía, Facenda e Réxime Interior dende o 2019.

Cambre, 13 de marzo de 2024. María Pan Lesta (A Coruña, 1975) será a opción de Unión x Cambre á Alcaldía tras recibir, onte, o apoio unánime da asemblea da agrupación local. A de Pan Lesta foi a única candidatura que se presentou, recibindo o respaldo do medio centenar de afiliados e afiliadas que tomaron parte no encontro de UxC. María Pan Lesta é concelleira en Cambre dende o 2019, sendo este o seu segundo mandato á fronte da Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior.

Ao concluír a asemblea, a veciña de Meixigo mostrouse “orgullosa e agradecida polo enorme apoio recibido polos compañeiros e compañeiras de UxC” e comprometeuse “a seguir traballando para liquidar a difícil situación do Concello. Óscar García Patiño dimitiu, hai uns días, como alcalde para tentar abrir camiño e dar unha solución á parálise do Concello, polo que ou meu deber tras a súa marcha é traballar para que a difícil decisión que tomou non caia en saco roto”. Pan Lesta incidiu en que ata o pleno no que se investirá ao alcalde ou alcaldesa manterá «ou plan de traballo dá área”.

Antes de entrar como concelleira no Concello, a traxectoria de Pan Lesta estivo sempre estreitamente vinculada ao xornalismo, traballando para distintas cabeceiras.

Óscar García Patiño

✅ «Sé que no soy parte del problema pero creo, sinceramente, que mi marcha puede ser la solución».

✅ «Lo más fácil sería ponerse de perfil y seguir cobrando 40.000 euros al año. Yo no sirvo para ponerme de perfil, siempre he dado la cara porque antes de político soy vecino».

✅ «Los vecinos y vecinas me dieron la oportunidad de cumplir el sueño de ser el alcalde de Cambre. Es el pueblo el que tiene el poder de poner y quitar a alcaldes y alcaldesas».

✅ «Dejo la Alcaldía pero no la política. No dejo Unión X Cambre, porque este partido que fundé hace 15 años es también mi familia».

«Para nós os intereses dos veciños e veciñas están por riba de todo. Queremos continuar dando pasos pasa sacar adiante o noso proxecto para Cambre e, para iso, precisamos sumar esforzos co PSOE». O alcalde e presidente de Unión por Cambre, Óscar GArcía Patiño, detallou o acordo alcanzado co PSOE de Cambre: «trátase dunha alianza que nos permitirá dar continuidade á liña de traballo desenvolta nos últimos oito anos e resolver demandas históricas da cidadanía».

Durante a súa intervención, o primeiro edil avanzou cales van ser as liñas de traballo que UxC impulsará ao frente do goberno local ata 2027:

  • Aprobación definitiva do Plan Xeral
  • Apertura do novo salón de actos de Cambre, que completará as instalacións da Biblioteca Central María Pita
  • Disposición da antiga sala de festas do Seijal para acoller todo tipo de actividades e eventos municipais de gran formato
  • Desbloqueo de infraestructuras que dependen doutras administracións como a Xunta de GAlicia e a Deputación da Coruña: Vía Ártabra, Vial 11-17, beirarrúas de Cecebre e entre A Rocha e Anceis, rotonda de CAmbre e construción do novo instituto e centro de día de Lendoiro.

O alcalde señalou que «a participación cidadá, a escoita activa e a independencia enerxética seguirán sendo as prioridades para Unión por Cambre, tal e como foron nos dous últimos mandatos». Para conseguir todos estos obxectivos, UxC, levará entre 2023 e 2027 as seguintes áreas:

  • Presidencia e Desenvolvemento Asociativo: Óscar García Patiño
  • Desenvolvemento Asociativo: Maria Carmen Pan Matos
  • Economía, Facenda e Réxime Interior: María Pan Lesta
  • Urbanismo, Obras e Servizos: Juan González Leirós
  • Seguridade Cidadá, Patrimonio, Turismo, Transformación Dixital e Innovación Tecnolóxica: Daniel Mallo Castro
  • Patrimonio e Turismo: Ramón Boga Moscoso
  • Cultura: David López Saborido

Tal e como explicou García Patiño, eventos como o Cromático Mural Fest ou a Open Science seguiran sendo xestionados polas concellaría de UxC por ser dous eventos creados por este partido e «dúas apostas persoais miñas e o seu éxito débese, en boa medida, ao traballo dos meus compañeiros, polo que queríamos seguir estando detrás de ambas as cita e velas medrar como ata o de agora»

O rexedor espera que este sexa un mandato»proveitoso no que poidan ver a luz moitos dos proxectos nos que levamos anos traballando». García Patiño comprometeuse a seguir traballando «coa ilusión e a dedicación dos últimos oitos anos, antepoñendo o interese da cidadanía a calquera outra cuestión».

A finais de maio remataba a instalación do novo mobiliario e xogos na área de recreo da urbanización Castros do Bosque en Cecebre. Cun orzamento de 13.429,14 euros procedeuse a renovar as mesas que había na zona así como a montaxe dun cierre de madeira e varios xogos como dous muelles de balanceo e un tobogán.

Con esta actuación mellórase unha zona que, polo paso do tempo, atopábase deteriorada.

Modernizar e dixitalizar a administración local é un dos obxectivos centrais do goberno que preside UxC por iso destinará a subvención de 108.053 euros que acaba de acadar do Ministerio de Política Territorial dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia que se usará, íntegramente, para automatizar a tramitación das subvencións municipais. Con este proxecto subvencionado agora por fondos estatais quérese “dar cumprimento ao compromiso adquirido en 2022  coas entidades receptoras  das subvencións municipais para axilizar a tramitación das subvencións e reducir carga de traballo ao persoal municipal”.

Este proxecto permitirá implementar un novo sistema apoiado en RPA, robótica de procesos de automatización, e BMP, xestión de procesos, para reducir tempos de tramitación e mellorar, por tanto, o servizo á cidadanía.

A RPA permitirá validar automáticamente os datos das solicitudes para asegurarse que están completos e son válidos ademáis de organizar datos de forma automática e enviar notificación aos solicitantes para informarlos do estado das solicitudes.

Pola súa parte, o sistema BMP definirá o proceso de baremación das solicitudes, automatización das tareas asociadas á baremación e facilitará a labor aos técnicos municipais.

As pistas polideportivas de Meixigo, Castros do Bosque, O Souto, os campos de fútbol Dani Mallo, Lendoiro e Os Pinares e a polideportiva de Anceis, contarán con novo equipamento deportivo despois da adxudicación  do contrato que achegará diverso material deportivo a estas instalacións.

Trátase, concretamente, dun elemento biosaudable tipo surf para Meixigo, dous elementos de esquí de fondo ou elíptica para Meixigo e Castros do Bosque en donde tamén se instalarán dúas canastras. Suministro dunha mesa de tenis para a polideportiva de Anceis, dous xogos de canastras para O Souto en Sigrás e seis cepillos limpabotas, dous para campo de fútbol.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies